Rajoy mantén Cospedal e ascende Maroto, Casado e Martínez Maíllo

Cospedal e Rajoy

O presidente do Partido Popular e do goberno español limita as mudanzas na segunda liña da formación.

 

Mariano Rajoy anunciou esta quinta feira (18 de xuño) algúns cambios na dirección estal do Partido Popular. Embora se barallaran mudanzas substanciais, Rajoy limitouse a actual na segunda liña da formación. Neste senso, mantén a María Dolores de Cospedal como secretaria xeral aínda que con menos responsabilidades. 

Doutra banda, ascendeu a Javier Maroto, ex-alcalde de Gasteiz, que asumirá a vicesecretaría sectorial; a Pablo Casado, que actuará como vice-secretario de Comunicación e a Fernando Martínez Maíllo que substitúe a Carlos Floriano como vice-secretario xeral do partido. 

Mariano Rajoy anunciou en comparecencia de imprensa que toma as "rendas" do PP e avanzou que asistirá ás xuntanzas do comité de dirección do PP. Aliás, deu a pistolada de saída á pre-campaña electoral. 

Así, convocou unha Conferencia Política para os días 11 e 12 de xullo na que se deseñarán as liñas fundamentais do programa electoral de cara aos comicios de outono. Neste senso, outra das novidades foi o nomeamento da catalá Andrea Levy como coordenadora do programa. Jorge Moragas será quen dirixa a campaña electoral.