Puente defende a supresión de frecuencias na Gudiña
Argumenta que o tráfico de viaxeiros a Galiza aumentou 40%.
O ministro de Transportes, Óscar Puente, defendeu a decisión de suprimir frecuencias de alta velocidade ferroviaria na Gudiña e Sanabria; e esgrimiu que, desde que se implantou esta medida, o tráfico de viaxeiros á Galiza aumentou un40% con respecto ao pasado ano.
"Tiñamos uns trens á Galiza que estaban a empregar uns tempos pouco competitivos. Que fixemos? De todas as frecuencias coas que contaba en Poboa de Sanabria, A Gudiña, suprimimos unha de ida e outra de volta, para ter un tren máis directo. Que conseguimos con iso? Só desde que implantamos esa medida, o tráfico de viaxeirosá Galiza incrementouse 40% con respecto ao pasado ano", esgrimiu.
O "paradoxal", agregou, é que "en Poboa de Sanabria tamén aumentaron os viaxeiros", unha situación a que atribuíu a que se axustaron os horarios, que agora aos viaxeiros que van visitar Sanabria véñenlles "mellor".
Neste punto, Puente defendeu que a alta velocidade "non é un elemento vertebrador da España baleirada". "É un sistema de transporte comercial, non un servizo público. Se para en todas partes non é competitivo. E, se non é competitivo, non serve para os fins que ten previstos", esgrimiu.
En termos xerais, Puente destacou que o incremento de viaxeiros no sector ferroviario é "espectacular" no Estado español, especialmente "nalgúns territorios". "Galiza, por exemplo, multiplicou por catro o número de viaxeiros que se moven en tren no últimos seis anos", exemplificou.
Interpelado polo deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, quen pediu apostar polo Corredor Atlántico e instoulle a non "presumir" dun AVE que chegou á Galiza a finais de 2021.O Ministerio de Transportes debe ofrecer un servizo do transporte ferroviario adaptado as necesidades das galegas: "aumentar frecuencias e prazas, recuperar as paradas suprimidas, como a da alta velocidade na Gudiña", demandou o deputado nacionalista.