O PSOE cae máis dun punto, até o 31,4%, e ve recortada a nove puntos a súa vantaxe sobre o PP no CIS

Resultados do Barómetro do CIS. (Gráfica: Nós Diario)
Segundo o Barómetro de Opinión do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), o BNG obtén 0,8% dos sufraxios, dúas décimas por riba das últimas eleccións estatais.

O Barómetro de Opinión do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) correspondente ao mes de decembro, o primeiro tras a entrada en prisión do ex ministro José Luis Ábalos e das primeiras denuncias de acoso sexual no seo do PSOE, reflicte unha caída de 1,2 puntos na estimación de voto á formación socialista, que baixa até o 31,4% e ve recortada a nove puntos a súa vantaxe sobre o PP, que non crece.

Segundo o barómentro, publicado esta sexta feira, o PSOE conta cun respaldo do 31,4% fronte ao 22,4% do PP, mentres que a terceira praza segue sendo para Vox, que se anota un 17,6%, un punto menos que o mes anterior. Detrás está Sumar cun 7,8%, que se recupera sete décimas respecto ao mes de novembro. Máis lonxe aparece Podemos, cunha estimación de voto do 4,1%. Pola súa parte, o BNG obtén 0,8% dos sufraxios, dúas décimas por riba das últimas eleccións estatais.