O PP da Galiza pide ao Goberno español que rebaixe a protección do lobo

Manda de lobos (Foto: Nós Diario).

Os populares din que esta especie “non está en perigo de extinción, senón en expansión”.

O Partido Popular da Galiza reclama a Pedro Sánchez que “deixe de dar as costas a Europa e aos gandeiros galegos” e que rebaixe a protección do lobo.

Desde a formación indican que o Estado español e Irlanda foron os únicos que votaron en contra de rebaixar o nivel de protección do lobo de “estritamente protexido” a unicamente “protexido” no Consello Europeo do pasado 25 de setembro. Un voto co que, consideran os populares, o Goberno de Pedro Sánchez quedou “absolutamente illado” en Europa.

O PP chama a facer fronte ao “problema de sobrepoboación do lobo”. “Un problema que afecta especialmente a Galizaa, onde unhas 2.800 reses pereceron o pasado ano a consecuencia dos ataques” dunha especie que no PP consideran que “non está en perigo de extinción, senón en expansión”.

Adrián Vázquez, ante esta situación, anuncia que proporá no Parlamento Europeo a reapertura e actualización da Directiva Hábitats comunitaria, que non se modificou desde 1992, como “condición indispensábel para controlar mellor a presenza do lobo no noso territorio”.

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) avalou enn xuño feira a prohibición da caza do lobo e apuntou que só se poderán conceder excepcións cando o estado de conservación da especie sexa favorábel, o que non ocorre agora en Austria, o Estado obxecto de sentenza.