Movemento Sumar Galicia apoia a proposta de Rufián para unir á esquerda asegurando que “sería un excelente número 2 de Yolanda Díaz”

O secretario xeral de Movemento Sumar Galicia, Paulo Carlos López. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
O Movemento Sumar Galicia valorou positivamente a iniciativa de Gabriel Rufián para impulsar unha plataforma común da esquerda a nivel estatal, que consideran un paso na “dirección correcta” para fortalecer o espazo progresista, garantir a continuidade da maioría actual e avanzar en medidas a favor da clase traballadora.

Paulo Carlos López, secretario xeral da organización Movemento Sumar Galicia, valorou positivamente este 9 de febreiro a proposta de Gabriel Rufián de impulsar unha plataforma común da esquerda en todo o estado español, unha iniciativa que segundo considera a organización podería ser un paso na "dirección correcta" para fortalecer o espazo e garantir a continuidade da maioría progresista, así como para impulsar unha ampliación das medidas en favor da clase traballadora.

"En realidade iso do que fala xa foi e é Sumar. Por iso cremos que Gabriel Rufían sería un excelente número 2 de Yolanda Díaz", defendeu López este 9 de febreiro. En todo caso, a organización apela a que acorde e fale cos Comúns, referente político do espazo Sumar en Catalunya como primeiro paso.

“Agradeceriamos, en todo caso, que aparte de nomes, dixera qué máis agarda aportar a esta unidade”, sinala López. “Por suposto, estariamos ao dispor para falar con Gabriel Rufián tamén na Galiza”, engadiu. Asegurando como síntese final que desde Sumar Galicia comparten “a súa preocupación e tamén queremos parar á extrema dereita."