Morre un edil de Irixoa por un ataque de velutinas

Imaxe de arquivo dun helicóptero medicalizado. (Foto: Europa Press)
Ramón José Picos Martínez atopábase desbrozando nun predio en Teixeiro cando foi atacado polos insectos.

Ramón José Picos Martínez, edil do PP no Concello de Irixoa (As Mariñas), faleceu tras sufrir un ataque de velutinas. O suceso tivo lugar esta cuarta feira e provocou unha gran consternación na localidade.

Fontes locais indican que o concelleiro foi atacado por velutinas, tipo de insecto invasor perigoso e agresivo, mentres estaba desbrozando nun predio en Teixeiro (Curtis).

Ao lugar desprazouse un helicóptero medicalizado mais a intervención sanitaria non puido evitar o falecemento de Picos.

O concelleiro, de 79 anos, foi despedido pola súa familia e amizades esta quinta feira na parroquia de San Lourenzo.