O Goberno español aproba os descontos na autoestrada AP-53, entre Compostela e Dozón

Tramo da autoestrada AP-53 (Foto: Acega).
As persoas usuarias habituais desta vía contarán con bonificacións de até 75%.

 

O Consello de Ministros aprobou na mañá desta terza feira  as dotacións económicas necesarias para financiar os descontos das peaxes da AP-53 até o final da concesión. A autoestrada entre Compostela e Dozón, un traxecto de pouco máis de 56 quilómetros, era a única vía destas características no conxunto do Estado que non contaba con rebaixas na peaxe.

Desta forma, as bonificacións na AP-53 equipararanse ás da AP-9, con descontos de até 75% para as persoas usuarias habituais, é dicir, aqueles que realizan 20 ou máis viaxes ao mes nun mesmo traxecto.

Estas bonificacións forman parte do pacto entre o BNG e o PSOE para a investidura de Pedro Sánchez. O pasado día 21, a senadora do BNG, Carme da Silva, pedirá ao Goberno estatal a aplicación inmediata das bonificacións de até 75% na AP-53.

Esta terza feira, José Ramón Gómez Besteiro compareceu no Parlamento ante a prensa para sinalar que esas bonificacións eran unha mostra de que "os coailistas cumpren".

[EN AMPLIACIÓN]