Falece aos 94 anos Josefa Besteiro, nai de José Ramón Gómez Besteiro
02 de abril de 2026 (12:45 h.)
A familia socialista trasladoulle ao secretario xeral todo o seu "cariño e acompañamento".
A nai do líder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, faleceu esta quinta feira aos seus 94 anos. María Josefa Besteiro era viúva de Jesús Gómez López e nai de tres fillos, Lali, Jesús e o líder socialista, que é o pequeno dos tres.
Aínda que era natural de Castroverde (comarca de Lugo), a familia viviu case sempre na capital. Precisamente, será no Tanatorio de Lugo onde será velada esta tarde.
O PSdeG publicou unha mensaxe en redes sociais co que lamenta a perda: "Nestes momentos de dor, queremos trasladarlle a el e a toda a súa familia o noso afecto, o noso cariño e o noso acompañamento. Estamos convosco".