Causa Galiza convoca asembleas abertas en diferentes comarcas pola campaña do Día da Patria

‘Pola Independência Nacional. O futuro é nosso’ é a palabra de orde da formación política para este Día da Patria. Convoca asembleas abertas nunha decena de comarcas do país

Causa Galiza convocou para as semanas previas á Dia da Patria Galega asembleas abertas en diferentes comarcas para desenvolver a campaña do 25 de xullo. ‘‘Pola Independência Nacional. O futuro é nosso’ é a palabra de orde elixida pola formación para a manifestación dese día en Compostela, que partirá ás 12:30 horas da Alameda. Até o de agora hai convocadas asembleas en 9 comarcas (A Mariña, Trasancos, A Coruña, Compostela, Muros-Noia, Lugo, Pontevedra, Vigo e Ourense-A Límia), non desbotando que se amplíe a convocatoria a novas comarcas.

 

Causa Galiza realizou o pasado mes de xuño un convite a BNG e Anova para manter unha xuntanza e intentar articular unha convocatoria unitaria en parámetros independentistas para o 25 de xullo. A iniciativa non callou e desde CG decidiron iniciar os preparativos de cara a garantir unha convocatoria independentista no 25 de xullo, para defender a necesidade dun estado propio para Galiza e rexeitar “reformas cosméticas e autonomistas”.