A candidatura 'O BNG en Movemento' reivindica "máis organización, máis debate, máis pluralismo, máis esquerda, máis soberanismo"

A deputada do BNG Noa Presas (Foto: Nós Diario).
A deputada Noa Presas encabeza a candidatura 'O BNG en Movemento'.

A militancia do Movemento Arredista vén de impulsar unha candidatura ao Consello Nacional do BNG participada por persoas independentes e encabezada por Noa Presas, membro da Executiva Nacional e deputada no Parlamento Galego. "Trátase dunha acción que se enmarca dentro da normalidade dunha organización frontista, que recoñece o pluralismo político como un dos seus principios e fortalezas organizativos, como é o caso do BNG", destaca nun comunicado. 

Tras participar na anterior asemblea nacional dunha candidatura unitaria impulsada polas agrupacións que conforman "o que podemos denominar maioría dirixente dentro do BNG", nunha "aposta pola unidade" das distintas forzas "nun momento en que o BNG debía superar un ciclo político turbulento" após Amio, o Movemento Arredista "lamenta que a falta de vontade das correntes maioritarias non sexa suficiente para que esa pluralidade se conforme de raíz nunha mesma candidatura, nun momento ademais de ampliación de espazos e necesidades de traballo derivados do avance electoral e das inmensas necesidades no traballo social e de base, no que todas somos necesarias".

Maior consenso

Segundo sinala, "durante este tempo puidemos certificar numerosas diferenzas entre as nosas posicións organizativas e tácticas, por unha banda, e as posicións da liña oficialista, pola outra banda". Entre as diferenzas destacan cuestións como non abandonar o discurso soberanista, unha maior aposta polo debate e a formación interna, o impulso da mobilización social, a articulación dunha axenda feminista galega forte, o compromiso cun municipalismo transformador, un aliñamento máis claro na defensa dos intereses da clase traballadora e a posición do BNG ante os incumprimentos do PSOE.

Porén, o Movemento Arredista entende que "xerar consensos arredor destas cuestións é fundamental para o futuro do BNG, pois foi esa capacidade de mantérmonos fieis aos principios e teses políticas da Fronte a base da nosa resiliencia e recuperación malia os cantos de serea de forzas políticas de obediencia estatal e embates mediáticos contra as forzas soberanistas. Fortalecer a confianza na base militante e posicionarmos sen complexos contribuíu tamén a que máis persoas confiasen en nós, incrementando a afiliación e tamén o respaldo electoral. Ese debe ser o camiño a reforzar".

"Nós temos expresado tales diferenzas nos órganos internos e tamén publicamente, sempre desde a nosa lealdade coa fronte e dentro do marco estabelecido nos principios organizativos do BNG. Para nós, non hai mellor forma de concibir a lealdade á fronte que expresando construtivamente as nosas discrepancias, mantendo así vivo o clima de debate que debe imperar en toda organización transformadoraOs máis de 40 anos de historia da fronte patriótica demostran que foi sempre a posta en común, e non o bo momento electoral, o que nos fortalece e o que nos fai unha ferramenta útil para o pobo galego. Cometeremos un erro histórico se secundarizamos esta cuestión e ignoramos a necesidade de abordar aquelas dinámicas organizativas e contradicións políticas que erosionan a cohesión no lugar de traballar os grandes consensos", acrecenta no seu escrito de presentación.

Saúde democrática

Foi durante a preparación da próxima Asemblea Nacional, tras un intenso período de redacción e debate de textos políticos e organizativos propostos polo Consello Nacional que a militancia do Movemento Arredista tomou a decisión de presentar unha candidatura propia, nun exemplo de "compromiso coa saúde democrática da fronte". "É o noso desexo que esta decisión sirva para que a militancia do BNG poida escoller con plena liberdade a representatividade dos órganos e, de paso, poidamos contrastar as nosas propostas con maior claridade, contribuíndo así a un maior intercambio de ideas dentro da organización.

"Hoxe queremos reafirmar a nosa aposta leal e honesta polo traballo dentro da casa común do nacionalismo galego, o BNG, á que seguiremos contribuíndo desde a representación que nos dea a candidatura que impulsamos".

Candidatura 'O BNG en Movemento'

  1. Noa Presas Bergantiños (Ourense-O Carballiño)
  2. David Soto Díaz (A Coruña)
  3. Júlio Conde Lopes (Compostela-A Barcala)
  4. Maruxa Martínez Romaní (Muros-Noia)
  5. Erea Blanco Gallego (Ourense-O Carballiño)
  6. Xosué Campos Lages (Baixo Miño)
  7. Nazaré Estévez Salgueiro (O Ribeiro)
  8. Santi Quiroga García (Lugo)
  9. Élia Lago Pereira (O Condado-A Paradanta)
  10. Anxo Noceda Carballo (Compostela-A Barcala)
  11. Susana Camba Castro (Tabeirós-Terra de Montes-Deza)
  12. José Rodríguez Gómez (Vigo)
  13. Lucía Freire Ces (Compostela-A Barcala)
  14. David Miranda Martínez (Muros-Noia)
  15. Alba Fidalgo Bugarín (O Condado-A Paradanta)
  16. Xaime Trillo Canosa (Costa da Morte)
  17. Manuela Nores Fresco (Pontevedra-Caldas)
  18. Pepe Maio Abeixón (Compostela-A Barcala)
  19. Ximena González Ataide (Arnoia-A Limia)
  20. Roberto Rodríguez González (Emigración)
  21. Sandra López Corral (Compostela-A Barcala)
  22. Bieito Álvarez Lobariñas (Vigo)
  23. Álvaro Lamas Baños (Baixo Miño)
  24. Laura Rodríguez Peña (A Coruña)
  25. Manuel Simón Graña (Vigo)
  26. Nuria Fernández Iglesias (Emigración)
  27. Pablo Taboada Souto (Tabeirós-Terra de Montes-Deza)
  28. Lucía González Gómez (Ourense-O Carbaliño)
  29. Xosé Fernández Baltar (Ourense-O Carballiño)
  30. Isabel Moares Rei (Compostela-A Barcala)
  31. Breixo Lousada Valdés (A Coruña)
  32. Raquel Rodríguez Calvo (Compostela-A Barcala)
  33. Indalecio Gómez López (Ourense-O Carballiño)
  34. Helena Maio Abeixón (Compostela-A Barcala)
  35. Óscar Valadares Docampo (Compostela-A Barcala)
  36. Xan Carlos Sar Oliveiro (Kuka) (Costa da Morte)
  37. Iria Vázquez Puentes (Pontevedra-Caldas)
  38. Daniel Sussman Vilaverde (Compostela-A Barcala)
  39. Fran Xestal Vázquez (Compostela- A Barcala)
  40. Carlos Enxamio Carreira (Tabeirós-Terra de Montes-Deza)
  41. Ilda Blanco González (Ourense-O Carballiño)
  42. Daniel Pena Rodríguez (Arnoia-A Limia)
  43. Sergio Díaz Marey (Lugo)
  44. Xosé Emilio Vicente Caneda (Pontevedra)
  45. Iria Aldomar Souto (Ourense-O Carballiño)
  46. Federico Santalla López (Costa da Morte)
  47. Isabel Gómez Rodríguez (Ourense-O Carballiño)
  48. Diego Sontorio Moscoso (Vigo)
  49. Antón Somoza Caxato (Emigración)
  50. Ramiro Oubiña Parracho (Compostela-A Barcala)

SUPLENTES:

  1. Iolanda Vilaverde Gaute (Compostela-A Barcala)
  2. Teresa Rodríguez Vilaseco (Compostela-A Barcala)
  3. Pilar Casás Barral (Vigo)
  4. Cristovo Vidal Fernández (Vigo)
  5. Antonio Reboiro Martínez (Compostela-A Barcala)