VÍDEO | Besteiro desexa un feliz 2025 co compromiso de traballar para que sexa un ano "mellor" e defendendo a Galiza "real"

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, preparando un capón para felicitar o Aninovo. (Foto: Nós Diario)
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, desexou aos galegos e ás galegas un feliz 2025 facendo a receita dun capón de Vilalba (A Terra Chá) e rodeado, entre outras persoas, de xente nova para expoñer "os problemas da Galiza real".

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, desexou aos galegos e ás galegas un feliz 2025 facendo a receita dun capón de Vilalba (A Terra Chá) e rodeado, entre outras persoas, de xente nova para expoñer "os problemas da Galiza real".

Tamén para expresar as esperanzas dun 2025 "mellor" e co compromiso do dirixente socialista de "facer o posíbel para que así sexa". O vídeo, que pode verse a través de redes sociais, ofrece unha imaxe cordial de Besteiro saudando na rúa e compartindo impresións sobre cuestións como a lotaría de Reis coa alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco.

Así mesmo, da esperanza de que se lle conceda ao municipio a declaración de Festa de Interese Turístico, que non lle deron nesta ocasión, para logo desprazarse a facer a receita do capón, acompañada, entre outras persoas, da rexedora e de mozas.

Con estas persoas, fala da falta de pisos e dos prezos elevados que lles impiden, expón unha delas, acceder unha vivenda, ou dos problemas dos que queren volver á Galiza. "Quero volver, cun pouco de sorte en 2025", sinala outra.

A "Galiza real, a de todos os días"

Isto con mensaxe de Besteiro insistindo na "Galiza real, a de todos os días", mais coa confianza de que 2025 sexa "mellor" e que se cumpran os desexos dos galegos e das galegas. "Vou facer o posíbel para que así sexa, Feliz Ano", termina o vídeo.