Ana Pontón reclama "IVE cero" para os produtos do mar

Xabier Pérez Iglesias e Ana Pontón no Conxemar. (Foto: Nós Diario)
Fixo na súa visita a Feira de Conxemar en Vigo

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou na súa visita ao Conxemar en Vigo o IVE cero para os produtos do mar, tanto frescos como conxelados ou en conserva, co obxectivo de axudar as familias e o sector pesqueiro, logo dunha caída do consumo de 24% que atribuíu ao incremento dos prezos e á carestía da vida.

Así mesmo, salientou o importante papel que desenvolve Conxemar na dinamización dun sector “tractor” na economía galega e da propia cidade de Vigo, Pontón tamén se referiu aos fondos europeos para a pesca e, neste sentido, criticou o exercicio de “cinismo e oportunismo político” das forzas estatais, que din unha cousa en Galiza e fan outra en Madrid e na UE. Neste contexto, emprazou tanto a PP como a PSOE a que “defendan con feitos” en Madrid e ante a UE “o mesmo que din aquí” porque o que Galiza se está xogando, resumiu, é “o apoio a un sector estratéxico” para a súa economía.

Alías, tamén se referiu á necesidade de ampliación do Ifevi, recinto que acolle anualmente a feira internacional de Conxemar, instando a Xunta a executar a reforma "que é necesaria porque esta feira podería ter aínda moita máis repercusión cun incremento dese espazo”