Santos Cerdán dimite como deputado e secretario de organización do PSOE
12 de xuño de 2025 (16:09 h.)
Santos Cerdán emitiu un comunicado no que anuncia que dimite de todos os seus cargos, entregando, tamén, a acta de deputado.
O secretario de organización sinala que "espero así poder dedicarme en exclusiva á miña defensa, e ofrecer todas as explicacións pertinentes para demostrar que, como vin sinalando estes días, xamais cometín unha ilegalidade, nin fun cómplice de ningunha".
O dirixente socialista asegurou que son "tempos complicados para o PSOE", pero insistiu en que "o PSOE é máis necesario que nunca".
"Eu sempre farei o que sexa mellor para o meu partido e para o meu país", asegurou Cerdán, quen reiterou que confía que a súa inocencia "quede clara tras a miña declaración".
En ampliación