O referente de IU en Catalunya, nen coa independencia nen coa terceira vía

Nuet, na tribuna

"Nós temos unha vía e nen é a vía cara á independendencia nen a terceira vía; a nosa é unha vía federal de libre adhesión, unha vía federal con direito de autodeterminación", afirmou Joan Josep Nuet.

13 Festa de Esquerra Unida i Alternativa en Barcelona. Os oradores son  o seu líder, Joan Josep Nuet, e o máximo dirixente de IU no Estado, Cayo Lara.

No seu discurso, Nuet pediu que "saíse do armario" o que cualificou como "modelo republicano e federalista". "Queremos quitalo da lameira centralista ao que o levaron a inacción ou a confusión doutras forzas políticas", dixo en alusión ao PSC-PSOE.

No acto Cayo Lara reafirmou o respaldo da súa organización ao direito a decidir dos cataláns.

EUiA -referente de IU en Catalunya e parceiro de coligación de ICV- ten como proxecto estratéxico a construción dunha "república catalana libremente federada, social e democrática". Preconiza, portanto, manter o vínculo -através da federación- co Estado español.

O vindeiro 27 de Outubro, Esquerra Unida i Alternativa vai realizar unha conferencia política baixo o título de Un Novo Espazo das Esquerdas para unha nova Catalunya.