O diario catalán Ara en branco e negro contra a Lei Wert
17 de maio de 2013 (22:35 h.)
O diario catalán Ara vai denunciar a "involución educativa" que supón a Lei Wert saíndo impreso este sábado día 18 en branco e negro.
O xornal catalán Ara imprimirase o sábado en branco e negro, renunciando á cor para "denunciar a involución que supón o proxecto do goberno español". Agás as insercións publicitarias -que manterán a cor- o resto de páxinas sairán publicadas só en branco e negro como medio de denuncia da "involución educativa e o ataque á escola catalana" que supón a lei Wert. O xornal catalán incluirá tamén un tratamento amplo dos efectos e as reaccións á aprobación do anteproxecto por parte do Consello de Ministros ademais dun editorial titulado: "Retorn al blanc i negre".