CUP e Junts pel Sí chegan a un principio de acordo
22 de decembro de 2015 (13:08 h.)
Presentarán a súa proposta en senllas comparecencias públicas ás 13h e ás 17h.
Ambas as dúas formacións políticas terían chegado a un principio de acordo a respeito da elección da nova presidencia da Generalitat, segundo avanzan os medios de comunicacións cataláns.
Neste senso, representantes da CUP e de Junts pel Sí explicarán o contido dese pre-acordo en dúas comparecencias de imprensa --separadas-- que terán lugar ao mediodía de hoxe (JxSí) e ás 17 horas (CUP).
Así as cousas, a Candidatura de Unitat Popular deberá someter á consideración da súa militancia a proposta nunha asemblea nacional convocada para o domingo 27 de decembro.
((Haberá ampliación))