173 aniversario
Vía Galega conmemorará os Mártires de Carral
21 de abril de 2019 (19:52 h.)
O próximo sábado 27 de abril a plataforma social Vía Galega conmemorará os sucesos do pronunciamento liberal e galego de 1846.
Carral acollerá un acto de homenaxe dos sucesos do pronunciamento liberal e galego de 1846. O evento, que se desenvolverá fronte á casa do Concello de Carral o vindeiro sábado 27 de abril ás 18.30 horas, está organizado pola plataforma social Vía Galega en defensa dos dereitos nacionais de Galiza e en colaboración con entidades culturais do municipio. O acto contará con intervencións a cargo dunha persoa representante da A.C. Cultura Aberta de Carral e de Bruno Lopes Teixeiro e María Bará como portavocías de Vía Galega.
O acto conmemorativo rematará cunha ofrenda floral no monumento aos Mártires de Carral.