90 aniversario da proclamación da II República

Unha república entre a luz e a sombra

Manifestación en Betanzos o 15 de abril de 1931 para celebrar a proclamación da II República. (Foto: Arquivo eEsús Torres)
A II República española supuxo unha paréntese de grandes esperanzas, mais tamén de frustracións no século XX galego. Chegou como consecuencia dun proceso de malestar e de contestación social co réxime da I Restauración, así como polo deterioro das condicións de vida provocadas por un cambio no ciclo económico, no marco dunha formación social subdesenvolvida e socialmente desigual. O seu final, a mans dun Exército ao servizo dos núcleos tradicionais de poder, abriu a porta a unha ditadura de 40 anos e á posterior restauración dunha monarquía na persoa do herdeiro nomeado por Franco.
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.