Palabras con memoria: medos

'Cucar', na Mariña, significa tremer de medo. (Foto: Nós Diario).
Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.

cucar (1).- (Ademais de significados xa rexistrados) Tremer de medo.
Exemplo.- "Miña irmá non sobe ao faio pola noite porque cuca de medo".
Lugar de escoita.- Burela (A Mariña).
Fonte.- Mario Ferreira López.

espantamiñato/s.- Medroso, asustadizo.
Exemplo.- "É máis espantamiñatos co demo".
Lugar de escoita.- Bisbarra de Bergantiños.
Fonte.- Alberte Suras.

espertigar.- Tremer, ter estremecemento.
Exemplo.- "Metín os dedos nun enchufe e fíxome espertigar".
Lugar de escoita.- A Mariña luguesa e A Limia.
Fonte.- Miguel Hernández Viñas e Antón Mëndez Gándara.

ósmia.- Preocupação ou empenho quase obsessivo; lideira.
Exemplo.- "Co'a ósmia do fútbol nom governa outra vida".
Lugar de escoita.- Vicinte (Outeiro de Rei).
Fonte.- Ramiro Barros Justo.
Outros apuntamentos.- Usa-se nomeadamente na locução "co'a ósmia de".

tecedoira.- Pavura.
Lugar de escoita.- Ourense.
Fonte.- Arturo Lezcano Fernández.