Palabras con memoria: hidrolectos
bruzo.- Nome que recibe o oco por onde sae a auga da poza de regadío cara ó rego que a conduce ata os terreos e que se tapa para impedir que saia a auga e se encha para o regante que ten dereito a ela na próxima quenda.
Exemplo.- "Xa se está a meter o sol. Vai á poza e tápalle ben o bruzo, non vaia ser que mañá non estea chea para o veciño".
Lugar de escoita.- Santa María de Taboexa (As Neves).
Fonte.- María Isabel Fernández Vidal.
encanar.- (Ademais de significados xa rexistrados) Diluír máis un líquido botándolle auga co obxecto de obter máis cantidade ou obter un líquido menos denso, en especial comidas, tipo caldo, sopa.
Exemplo.- "Encanei o caldo para que os nenos o comesen mellor. Estaba demasiado espeso".
Lugar de escoita.- Bembibre (Val do Dubra).
Fonte.- Tensi Vázquez.
encaraçar(-se).- Formar(-se) caraço (cristal de gelo) sobre uma superfície.
Exemplo.- "Doíam as mãos a apanhar aquela verdura encaraçada".
Lugar de escoita.- Vicinte (Outeiro de Rei).
Fonte.- Ramiro Barros Justo.
esbatroxar.- Esbatuxar, salpicar con algún líquido.
Exemplo.- "Deixa de esbatroxar, que me vas poñer pingando!".
Lugar de escoita.- Zona de Navia de Suarna.
Fonte.- Endl Navia de Suarna.
escaldrexar.- (Ademais de significados xa rexistrados) Salpicar ou remover forte a auga.
Exemplo.- "Que estás escaldrexando?", "Que escaldrexas?".
Lugar de escoita.- Zona de Navia de Suarna.
Fonte.- Endl Navia de Suarna.