Palabras con memoria: con máis ou menos tamaño
16 de xaneiro de 2026 (08:37 h.)
Nova edición das 'Palabras con memoria' da AELG.
cisgallada.- Pouca cousa, pouca cantidade.
Exemplo.- “Tocouche a lotaría, mamá? Boh!, unha cisgallada, muller; nada.”
Lugar de escoita.- Roupar- Xermade (Lugo).
Fonte.- Mar de Roupar.
escoufrado/a.- Persoa vella e moi delgada.
Lugar de escoita.- O Courel.
Fonte.- Dun vocabulario courelao.
funduxa/o.- Pequena/o, de pouca estatura.
Exemplo.- “Esa nena é unha funduxa.”
Lugar de escoita.- Cerceda.
Fonte.- Nuria Viña Lada/ CPI O Cruce de Cerceda.
garigolo.- Bochinche, cuarto pequeno.
Lugar de escoita.- Unha ampla zona de Galiza.
Fonte.- Colexio de Navia de Suarna/ENDL Navia de Suarna.
pedro/pedrolo (ser un).- Nena á que lle gustan os xogos brutos e arriscados de nenos.
Lugar de escoita.- O Porriño.
Fonte.- Pedro Salgueiro Sexto.