Lingua de mar

A Guarda, asentada sobre unha rasa costeira fronte ao Atlántico e protexida por uns saíntes rochosos sobre os que se construíu o porto. (Foto: Nós Diario)
Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.

anacra.- Nécora.
Lugar de escoita.- Santa Cruz - Oleiros.
Fonte.- Cristóbal Ramírez.

cangaro.- (Ademais de significados xa rexistrados) Boi de mar.
Exemplo.- “En Noiteboa sempre comemos cangaro.”
Lugar de escoita.- Baiona.
Fonte.- Xoana Alonso González. alumna de 2º de ESO do CPR Ángel de la Guarda, Priegue - Nigrán, Pontevedra.

fiebre.- (Ademais de significados xa rexistrados) Escarapote.
Lugar de escoita.- Muxía.
Fonte.- Proxecto Buserana de Muxía.

rabo de agota.- Variedade de argazo.
Lugar de escoita.- Baiona.
Fonte.- Informante do Centro de Día de Baiona.

xerés.- Variedade de argazo.
Lugar de escoita.- San Pedro de Ramallosa (Nigrán).
Fonte.- Informante do Centro de Día de Baiona.