A etiquetaxe en galego, materia pendente
Aínda son poucos, moi poucos, os produtos do sector agroalimentario que teñen a súa etiquetaxe en galego. É certo que se están a dar algúns pasos, mais ese dereito cidadán segue ser estar reflectido en normativa ningunha. Escribimos sobre unha mostra máis do abismo que hai entre a realidade actual e a normalización lingüística no Sermos Galiza 235, á venda na loxa e nos quiosques.
Ao longo dos últimos anos quedou demostrado que é a persoa consumidora ou usuaria a parte máis feble de toda relación comercial. As últimas sentenzas a respeito dos servizos bancarios, por exemplo, puxeron de manifesto a desprotección que sufriron milleiros de clientes na contratación de hipotecas ou produtos de aforro ao teren que asumir cláusulas que, á vista dos feitos, foron claramente abusivas.
[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 235, disponíbel na nosa loxa e nos pontos de venda habituais]