O Dépor é da Coruña: a nova campaña pola lingua de "Aquí tamén se fala"

Participantes na campaña "O Dépor é da Coruña". (Foto: Aquí tamén se fala)

“Aquí tamén se fala” lanza unha nova e ambiciosa campaña pola que procura que o club coruñés restitúa o seu topónimo á forma oficial.

A iniciativa cultural “Aquí tamén se fala” do IES Rafael Dieste da Coruña, promotores da maior campaña de dinamización da lingua galega exercida activamente pola mocidade da historia, lanza unha nova acción de promoción da lingua galega co obxectivo de que o RC Deportivo empregue o topónimo oficial a partir da seguinte temporada, 2025-2026, na que o club celebra o seu 120 aniversario.

Pero a campaña –liderada e promovida polos profesores Alberto Pombo, Arcadio González e Mónica Reigía– nace xa cunha chea de apoios que inclúen o ex presidente da Real Academia Galega, a presidenta do Consello da Cultura Galega, o reitor da Universidade da Coruña, o conselleiro de educación e os responsábeis de lingua da Xunta da Galiza, da Deputación e do Concello da Coruña, o presidente da Federación de Peñas, ex capitáns do club, representantes do tecido cultural ou expertos en toponimia.

Ademais, e representando o sentir de varios milleiros de estudantes, todos os institutos públicos da Coruña, representados nos seus directores e directoras, nos xefes e xefas dos departamentos de lingua e nos e nas responsábeis dos Equipos de dinamización da lingua galega, sumaron o seu apoio á campaña galeguizadora.

Todos e todas elas asinaron un breve manifesto que anima o club, institución centenaria e que ven demostrando un firme compromiso co galego nos últimos anos, a restituír o topónimo á súa forma oficial, como xa fixeron outros equipos.

Nova páxina web

Os responsábeis do proxecto estrean tamén esta cuarta feira unha nova páxina web (aquitamensefala.gal) con información e recursos, e anuncian xa novas accións que ampliarán o percorrido da iniciativa. A primeira delas terá lugar este mesmo domingo, durante a previa do xogo do RC Deportivo contra o Cádiz, onde estarán repartindo e regalando 15.000 colantes co slogan da campaña, “O Dépor é da Coruña”, nas inmediacións do estadio.

Desde a plataforma estudantil animan a quen queira apoiar esta nova iniciativa a etiquetar as contas de Aquí tamén se fala nas redes sociais (@aquitamensefala), así como a empregar o cancelo #odéporédacoruña.

Asinantes do manifesto "O Dépor é da Coruña"

  1. Victor Freixanes (Ex presidente da Real Academia Galega)
  2. Rosario Álvarez (Presidenta do Consello da Cultura Galega)
  3. Ricardo Cao (Reitor da Universidade da Coruña)
  4. Valentín García (Secretario Xeral da Lingua)
  5. Sol Agra (Responsábel da área de Lingua da Deputación da Coruña)
  6. Pura Galán (Coordinadora provincial dos Equipos de Dinamización da lingua)
  7. Norma Fariña (Directora do IES Rafael Dieste)
  8. Arcadio González (ATSF. Coordinador do EDLG do IES Rafael Dieste)
  9. Alberto Pombo (ATSF. Xefe do Departamento de Lingua Galega do IES Rafael Dieste)
  10. Mónica Reigía (Aquí tamén se fala)
  11. Marcos Maceiras (Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística)
  12. Luís Martínez (Presidente da Federación de Peñas do RC Deportivo)
  13. Román Rodríguez (Conselleiro de Educación)
  14. Gonzalo Castro (Concelleiro de Cultura)
  15. Álex Bergantiños (Excapitán do RC Deportivo)
  16. Dani Mallo (Excapitán do RC Deportivo)
  17. Xurxo Souto (Músico)
  18. Iván Méndez (Filólogo experto en toponimia)
  19. María Vilariño (Directora do IES de Zalaeta)
  20. Mª Josefa Castro (EDLG Zalaeta)
  21. Henrique Rabuñal (Xefe dpto. galego do IES de Zalaeta)
  22. José Manuel Tallos (Director IES Adormideras)
  23. Beatriz Fernández (EDLG Adormideras)
  24. Xulio Carballo (Xefe dpto. galego do IES Adormideras)
  25. Francisco Canoura (Director do IES Salvador de Madariaga)
  26. Leticia Quintás (EDLG Salvador de Madariaga)
  27. Mª Beatriz Moreno (Xefa dpto. galego do IES Salvador de Madariaga)
  28. África B. López (Directora do IES Urbano Lugrís)
  29. Inma García (EDLG Urbano Lugrís)
  30. Evangelina Santos (Xefa dpto. galego do Urbano Lugrís)
  31. Begoña de Blas (Directora do IES Sardiñeira)
  32. Sonia Varela (EDLG Sardiñeira)
  33. Melisa Castelo (Xefa dpto. galego do IES Sardiñeira)
  34. Fermina Yáñez (Directora do IES Monte das Moas)
  35. Ana Martins (EDLG Monte das Moas)
  36. Matilde Mosquera (Xefa dpto. galego do IES Monte das Moas)
  37. Francisco Suárez (Director do IES Elviña)
  38. Paula Iglesia (EDLG Elviña)
  39. Alfonso Salgado (Xefe dpto. galego do IES Elviña)
  40. José Carlos Suárez (Director do IES Otero Pedrayo)
  41. Rosalía Ferreiro (EDLG Otero Pedrayo)
  42. Ana Vidal (Xefa dpto. galego do IES Otero Pedrayo)
  43. Genaro García (Director do IES Rosalía Mera)
  44. Yurena Cano (EDLG Rosalía Mera)
  45. Pilar Seijo (Xefa dpto. galego do IES Rosalía Mera)
  46. Pablo González (Director do IES Puga Ramón)
  47. Luísa Diéguez (EDLG Puga Ramón)
  48. Cristina Loureiro (Xefa dpto. galego do IES Puga Ramón)
  49. Rafael Menéndez (Director do IES Fernado Wirtz)
  50. Gracia Martínez (EDLG Fernando Wirtz)
  51. Margarita Fernández Ledo (Xefa dpto. galego do IES Fernando Wirtz)
  52. Diego Taboada (Director do IES Agra do Orzán)
  53. J. Antonio Moreira (EDLG Agra do Orzán)
  54. Luísa Villanueva (Xefa dpto. galego do IES Agra do Orzán)
  55. Isabel Ruso (Directora do IES Eusebio da Guarda)
  56. Teresa Pastor (EDLG Eusebio da Guarda)
  57. Dulce Fernández (Xefa dpto. galego do IES Eusebio da Guarda)
  58. Antonio Orosa (Director do IES de Monelos)
  59. Henrique Sexto (EDLG Monelos)
  60. Pilar Tobar (Xefa dpto. galego do IES Monelos)