A UE cede á exixencia de Trump e rebaixa os aranceis aos produtos agrarios e pesqueiros de Estados Unidos

Ursula von der Leyen, presidenta da Comisión Europea. (Foto: Johannes Neudecker / DPA vía Europa Press)
Dá máis facilidades para a entrada deses produtos no mercado europeo.

A Comisión Europea cedeu esta quinta feira á exixencia da Casa Branca de rebaixar aranceis a produtos agrarios e pesqueiros procedentes de Estados Unidos para garantir, a cambio, unha redución das recargas á industria europea da automoción.

O acordo arancelario subscrito o 21 de agosto pola UE e EUA expuña un arancel xeral de 15% ás exportacións comunitarias, que se aplicará tamén a sectores como o farmacéutico e os semicondutores.

Con todo, no caso das recargas a vehículos, Washington condicionou esta redución a un mellor acceso de produtos agrícolas e alimentos estadounidenses ao mercado comunitario.

En base a esta condición, a Comisión Europea propón eliminar os aranceis sobre os produtos industriais estadounidenses e outorgar acceso preferente ao mercado para unha gama de produtos do mar e produtos agrícolas de Estados Unidos.

Ademais, propón prolongar a exención arancelaria da lagosta, que agora tamén inclúe a lagosta procesada.