Trump anuncia o arresto do presunto asasino de Charlie Kirk con "alto grao de certeza"

O presidente dos Estados Unidos comunica que o sospeitoso do disparo que matou ao activista conservador Charlie Kirk nun acto na Universidade de Utah xa foi detido. O agresor podería afrontar a pena de morte se se demostra a súa culpabilidade.

Donald Trump anunciou esta sexta feira que, cun "alto grao de certeza", as forzas de seguridade lograron deter o individuo implicado na morte do influencer ultraconservador Charlie Kirk, abatido por un disparo a cuarta feira nun acto universitario en Utah. A declaración fíxose nunha entrevista en Fox News, onde o mandatario eloxiou o "gran traballo" das administracións implicadas.

Unha parte esencial da investigación desenvolveuse tras publicarse fotografías e un vídeo do sospeitoso, un mozo que escapou desde unha azotea tras efectuar o disparo. Nesas imaxes vese como se desliza pola fachada e logo se traslada a un barrio próximo.

Trump expresou a súa confianza de que, se o individuo é considerado culpábel —algo que deu por feito—, será condenado á pena de morte, xa que, segundo dixo, "Kirk era unha boa persoa e non merece isto".

Reaccións oficiais

O gobernador de Utah, Spencer Cox, tamén confirmou que solicitará a pena capital para o tirador. Desde a Administración, remarcan que o proceso xudicial seguirá o camiño legal, pero nestes primeiros momentos xa hai presión política para unha sanción máxima.

Mentres tanto, Trump anunciou que outorgará a título póstumo a Charlie Kirk a Medalla Presidencial da Liberdade.