Tamén arde ao sur do Miño: 64.000 hectáreas calcinadas en Portugal en dous días
Este sábado había 44 incendios activos en territorio portugués.
A Autoridade Nacional de Emergência e Proteção Civil (Anepc) sinalaba que este sábado había 44 incendios activos en Portugal continental. Na loita contra os lumes están mobilizados e actuando 4.330 bombeiros, axentes e brigadistas, auxiliados por 1.400 vehículos e 25 aeronaves
A Comisión Europea indicou que os dous avións de combate a incendios pedidos por Portugal, tras a activación esta sexta feira pasada do mecanismo europeo de Protección Civil, chegan a segunda feira. Segundo a voceira da Comisión, dous avións foron xa mobilizados e están a camiño de Portugal, integrando a flota rescEU.
A área queimada en Portugal xa é 17 veces superior á rexistrada no mesmo período de 2024. Piódão e Sátão continúan a ser os incendios que xeran maior preocupación e onde se concentran máis medios para comabter os lumes.
Os incendios forestais consumiron até hoxe 139 mil hectáreas, metade dos cales en só dous días, o que representa 17 veces máis do que a área ardida no mesmo período do ano pasado, segundo datos provisionais do polo Instituto da Conservação da Natureza e das Florestas (ICNF).
De acordo coa información facilitada polo, entre 1 de Xaneiro e 14 de Agosto, arderan 74.931 hectáreas, un número que subiu para 139.091 á data de hoxe. Estes datos revelan que só nos últimos dous días, arderon 64.160 hectáreas, 46% do total ardido desde o inicio do ano. Facendo o balance dos últimos dous días, verifícase que entre 14 e 16 de Agosto foron rexistrados máis 231 incendios.
Segundo detalla o medio luso Público, comparado co período homólogo, verifícase que a área ardida este ano é cerca de 17 veces superior aos 7.949 hectáreas de bosque que arderon entre 1 de Xaneiro e 15 de Agosto de 2024.
A área ardida este ano é tamén a segunda maior desde 2017, ano que contabilizou un total de 164.249 hectáreas de área ardida até 15 de Agosto.