A Audiencia de València confirma a imputación de Pradas e rexeita investigar Bernabé pola DINA

Salomé Pradas, até agora conselleira de Xustiza e Interior do Goberno do País Valencià. (Foto: Jorge Gil / Europa Press)
Tamén desbota investigar o presidente da Confederación Hidrográfica do Júcar, Miguel Polo.

A Audiencia de València confirmou a condición de investigada da ex conselleira de Xustiza e interior Salomé Pradas na causa penal pola xestión da DINA. Así mesmo, o tribunal rexeitou investigar a delegada do Goberno español no País Valencià, Pilar Bernabé, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Júcar, Miguel Polo.

Hai dous meses, Pradas declarou ante a xuíza de Catarroja, que instrúe a causa, e desviou a atención cara a José Miguel Basset, ex xefe de Emerxencias, a quen derivou a responsabilidade na mala xestión durante a traxedia. Segundo fontes xudiciais, a ex conselleira dixo chorando que ela non sabía nada de emerxencias nin dirixía nada e insistiu unha volta e outra que o responsable era Basset. Pradas só respondeu as preguntas do seu avogado.

A mediados de maio, a ex conselleira presentou unha queixa formal ante o Consello Xeral do Poder Xudicial español (CXPX) contra a xuíza e acusouna de vulnerar gravemente o dereito de defensa e de adoptar unha actitude que "pose en cuestión a imparcialidade xudicial".