“Ninguén debería cargar soa con algo así”: Elisa Mouliáa retira a denuncia contra Errejón
A actriz presentou unha denuncia contra o ex deputado por preseunto abuso sexual
A actriz Elisa Mouliaá comunicou esta cuarta feira que retira a acusación que mantiña contra o ex deputado Íñigo Errejón por presunto abuso sexual.
A través das redes sociais, a actriz argumentou que "non é unha retractación, é un límite", explicando que toma esa decisión porque "ningunha outra vítima deu o paso" e séntese "soa sostendo todo".
"E non podo seguir facéndoo. Non porque non sexa verdade, senón porque ninguén debería cargar soa con algo así. Se a xustiza continúa, por tratarse dun proceso de natureza pública, farao sen a miña participación. Eu retírome coa conciencia tranquila", asegurou.
E reivindicou que ela saíu "a soas" a "dar a cara, con nome e apelidos, para confirmar que todo era certo cando se poñía en dúbida e para protexer a outras mulleres". "Non fuxo, remato o meu parte demostrando que non quero diñeiro nin protagonismo: a verdade xa camiña soa", sostivo.
Mouliaá pedía que Errejón fose condenado a 3 anos de cárcere e a pagarlle 30.000 euros de indemnización por danos morais por presuntos abusos que terían lugar en outubro de 2021.
A Fiscalía de Madrid pediu ao xuíz instrutor, Adolfo Carretero -que procesou a Errejón-, que arquivase a causa contra o ex deputado ao entender "insuficientes" os indicios delituosos na súa contra como para formular escrito de acusación.