No mínimo 22 mortos nun ataque de Israel contra unha escola en Cidade de Gaza

Consecuencias do ataque. (Foto: Hadi Daoud / APA Images via ZUMA P / DPA / Europa Press)
Entre os mortos hai "13 nenos e seis mulleres", unha delas embarazada, precisou un portavoz de Defensa Civil, Mahmud Basal.

A Defensa Civil de Gaza indicou este sábado que un bombardeo israelí contra unha escola onde se refuxiaban desprazados en Cidade de Gaza matou no mínimo 22 persoas.

Entre os mortos hai "13 nenos e seis mulleres", unha delas embarazada, precisou o portavoz de Defensa Civil, Mahmud Basal. "Máis de 30 persoas", incluído "nove nenos", resultaron feridas polo bombardeo da escola Al Zaytun C, en Cidade de Gaza, no norte do territorio, engadiu.

Esta escola acollía miles de persoas desprazadas após a invasión polo exército israelí da faixa de Gaza após o 7 de outubro, sinalou.

Pola súa parte, o exército israelí indicou nun comunicado que realizara " un bombardeo dirixido contra terroristas".

Segundo detallaron fontes locais a EFE, trátase dun complexo escolar que contén tres escolas da axencia da ONU para os refuxiados palestinos (UNRWA) en cidade de Gaza. O obxectivo israelí foi a terceira escola chamada Al Zaytun C.