Maduro nega unha segunda conversa con Trump, como este asegurou
O presidente de Venezuela, Nicolas Maduro, afirmou esta sexta feira que tivo "unha soa conversa", en novembro" co seu homólogo estadounidense, Donald Trump, despois de que este declarara na segunda feira que falara "moi recentemente" co venezolano.
"Nós tivemos unha soa conversa. El chamoume a sexta feira 21 de novembro desde a Casa Blanca", indicou o mandatario venezolano. Maduro describiu o diálogo en cuestión como un "intercambio de dez minutos", "moi respectuoso" e "até agradábel", se ben "as evolucións post-conversa non foron moi agradábeis", subliñou, no marco da campaña estadounidense contra o seu Goberno, incluíndo os bombardeos a embarcacións no Caribe, as confiscación de buques petroleiros con cru venezolano, as sancións a empresas afincadas no país ou a destrución dunha instalación presuntamente ligada ao narcotráfico.
A pesar da campaña de Trump, Maduro manifestou a súa disposición a negociar coa Casa Branca en ámbitos como o tráfico de drogas e as explotacións petroleiras, "se queren conversar seriamente dun acordo (...) estamos listos", sinalou.