Colombia prohibe o matrimonio infantil
O Senado colombiano puxo na madrugada da quinta feira o colofón a unha campaña que se estendeu ao longo de 17 anos ao aprobar na madrugada de onte un proxecto que prohibe o matrimonio infantil no país, o que lle permite saír “da vergoñenta lista de países que o permiten”, subliñou a lexisladora progresista Jennifer Pedraza, unha das impulsoras da iniciativa, que se converterá en lei unha vez que o presidente Gustavo Petro, o primeiro de esquerda na historia do país, a promulgue.
O Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (Unicef) coloca Bogotá no posto 20 a nivel mundial en matrimonios e unións de crianzas antes dos 15 anos, e no lugar 11 en menores de 18.
O matrimonio infantil está moi ligado coa pobreza, e aumenta, como amosou a seca extrema que padeceu entre 2020 e 2023 o leste de África, cando esta se incrementa. Ao respecto, a situación afecta en Colombia especialmente as crianzas indíxenas, pois arredor dun terzo casan antes da maioría de idade con homes que duplican ou triplican a súa idade.