Irán asegura que atacou o portaavións estadounidense Abraham Lincoln

Portaavións 'USS Abraham Lincoln'. (Foto: Europa Press / Contacto / Mc2 Ian Thomas / Us Navy)

O portavoz do Cuartel Xeral l Central de Khatam al-Anbiya,  Ali Mohammad Naeini, sinalou que o buque de Estados Unidos estaba desenvolvendo unha operación de control do Estreito de Ormuz.

O cuartel xeral central Khatam Al-Anbiya de Irán afirmou que o que o portaavións estadounidense Abraham Lincoln "foi derribado por drones do país".

“O portaavións Abraham Lincoln, que se achegaba a 340 quilómetros das fronteiras marítimas de Irán no Mar de Omán nun intento de controlar o Estreito de Ormuz, foi derribado por drones da Armada do Corpo da Garda Revolucionaria de Irán”, apuntou o portavoz do Cuartel Xeral l Central de Khatam al-Anbiya,  Ali Mohammad Naeini.

O portavoz engadiu que as forzas iranianas lanzaron catro mísiles de control ao Abraham Lincoln, obrigando ao portaavións a retirarse rapidamente cara o sueste do océano Índico.