O Goberno español fecha o seu espazo aéreo aos voos implicados na guerra contra o Irán

Base militar do Morón (Foto: Francisco J. Olmo - Europa Press)

O Goberno español decidiu fechar o seu espazo aéreo aos voos vinculados á ofensiva contra Irán, no marco da operación Furia Épica, impulsada por Estados Unidos e Israel. A medida inclúe tanto a prohibición de sobrevoo como a utilización de bases militares en territorio do Estado español.

O Goberno español decidiu fechar o seu espazo aéreo aos voos de aeronaves implicadas na guerra contra o Irán, no marco da chamada operación Furia Épica, promovida por Estados Unidos e Israel.

Segundo se avanzou esta segunda feira, esta restrición non só impide o uso das bases militares de Rota e Morón, senón tamén o sobrevoo do territorio do Estado español por parte de avións vinculados á ofensiva.

A prohibición afecta tanto aos despegues desde chan do Estado como ao tránsito de aeronaves militares procedentes de bases situadas no Reino Unido ou en Francia.

Pola súa parte, o presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, ameazara xa no seu momento con cortar toda relación comercial co Estado español após a negativa do Goberno de Pedro Sánchez a Estados Unidos para empregar as bases militares de Morón (Sevilla) e Rota (Cádiz) no seu operativo militar de agresión contra Irán.

Respaldando tamén de forma pública o posicionamento dalgúns congresistas estadounidenses que reclamaban a retiradas das bases militares de territorios como o Estado español.