VÍDEO | O momento no que un proxectil alcanzou dous xornalistas no Líbano

O xornalista británico Steve Sweeney segundos antes do bombardeo de Israel no Líbano. (RT Russian)

O reporteiro británico Steve Sweeney e un cámara dun medio ruso foron alcanzados por un proxectil no sur do país.

O xornalista británico Steve Sweeney e un cámara, que polo momento descoñecese a súa identidade, da televisión rusa RT resultaron feridos nun ataque de Israel no sur do Líbano.

A cadea de televisión explicou que ambos os xornalistas atópanse conscientes, mais tiveron que ser trasladados a un hospital da zona onde reciben tratamento médico. Os reporteiros foron feridos polas metrallas dunha explosión perto do lugar no que estaban traballando.

O ataque tivo lugar cando se atopaban en directo perto dunha base militar do Líbano, obxectivo do bombardeo israelí. Na propia conexión en directo púidose ver que o proxectil caeu a poucos metros do lugar onde se atopaban ambos os dous. Anteriormente, o propio Sweeney informou desde a zona que a “catástrofe humanitaria estase agudizando no Líbano, onde moita xente dorme nas rúas, en vehículos e en refuxios, cuxa capacidade está sobrepasada”.

Segundo as autoridades libanesas, máis de 900 persoas morreron polos bombardeos de Israel no territorio.