Dimite a ministra de Interior de Portugal no medio da crise sobre a xestión do temporal

A ministra de Interior de Portugal, Maria Lúcia Amaral. (Foto: Goberno de Portugal)

As últimas borrascas deixaron no país 13 falecidos.  

A ministra de Interior de Portugal, Maria Lúcia Amaral, presentou esta terza feira as súa dimisión ao entender que “xa non ten as condicións persoais nin políticas  indispensábeis para o exercicio do cargo”.

O presidente de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, informou, a través dun comunicado, que aceptou a renuncia de Amaral e que, polo momento, o primeiro ministro asumirá as súas competencias.

A dimisión vén após as críticas ao Goberno portugués pola xestión do temporal meteorolóxico que deixou importantes danos no país. Unha xestión á que se suma o papel de Amaral nos incendios descontrolados que azoutaron Portugal o pasado verán.

Amaral levaba no cargo tan só desde o pasado mes de xullo de 2025, cando foi proposta polo xefe do Goberno, Luís Montenegro.