Detido Rodrigo Rato, ex-vicepresidente do Goberno e ex-director xeral do FMI
16 de abril de 2015 (22:41 h.)
A policía arrestouno após un rexistro domiciliario por presunto delito fiscal, alzamento de bens e branqueo de capitais.
O que foi vicepresidente do goberno español con José María Aznar, director xeral do FMI e presidente de Bankia, Rodrigo Rato, foi detido no seu domicilio esta quinta feira (16 de abril).
O arresto produciuse após un rexistro na súa morada ordenado xudicialmente e apoiado polo Ministerio fiscal. Impútanselle presuntos delitos de fraude fiscal, alzamento de bens e branqueo de capitais.
Os feitos aconteceron após darse a coñecer que Rato se acolleu á amnistía fiscal aprobada polo executivo de Mariano Rajoy coa que tería procedido á legalización de fondos obtidos de maneira ilícita.