China detecta outro caso dunha muller infectada coa nova cepa de gripe aviaria

Galiñas afectadas pola gripe aviaria (Foto: Pueblos vivos).
Polo momento, descoñécese o estado de saúde da contaxiada, que sufría de mieloma múltiple e outras doenzas subxacentes antes da súa infección

Unha muller de 56 anos infectouse coa cepa H3N8 da gripe aviaria na provincia costeira de Cantón, situada ao sur da China, segundo informou esta terza feira o Centro de Control de Enfermidades dese territorio.

Mediante a súa páxina web, a institución aclarou que a paciente se contaxiou na cidade de Zhongshan e tiña antecedentes de exposición a aves de curral vivas antes da detección da súa doenza.

leva a cabo unha investigación epidemiolóxica e un seguimento aos contactos próximos á infectada, sen achar de momento ningunha anormalidade entre os seus achegados, asegurou a institución.

Polo momento, descoñécese o estado de saúde da contaxiada, que sufría de mieloma múltiple e outras doenzas subxacentes antes da súa infección. O comunicado indica que "os expertos consideran que este é un caso esporádico e que o risco de contaxio nesta etapa é baixo".

"Evitar contacto directo"

Trátase do terceiro caso de H3N8 en humanos notificado no país asiático desde abril de 2022, cando un neno de catro anos se converteu no  paciente cero. A institución recomenda "evitar o contacto directo con aves vivas ou mortas na vida diaria" e "separar a carne crúa da cociñada".

Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), os virus da gripe aviaria H3N8 detéctanse comunmente en animais e son frecuentes entre aves domésticas e silvestres, aínda que se rexistraron contaxios de varias especies de mamíferos.

Por este motivos as autoridades sanitarias aconsellan que as persoas con síntomas respiratorios poñan unha máscara e que informen un médico se estiveron en contacto con aves.