Bruxelas saca a tesoira na Galiza
Bruxelas quer aproveitar a saída do Reino Unido para reformar os fondos europeos impulsando un cambio de prioridades: apárcase a cohesión social e territorial para apostar en defensa e seguridade. Todo isto nun marco no que haberá un 16% menos de ingresos nas arcas comunitarias. Os fondos estruturais para Galiza, no albo. Eis un extracto da información publicada no número 274 de Sermos Galiza.
“Cando o Reino Unido marche faltaranos o 16% dos ingresos”, advirte Günther Oettinger, comisario europeo de Orzamentos. Deixaranse de ingresar cada ano entre 10 mil e 12 mil millóns de euros. A isto hai que engadir o custo das novas prioridades da UE, que pasan pola defensa, a seguridade de fronteiras, a inmigración... e que supoñen un custo duns 10 mil millóns de euros ao ano. Hai, pois, unha factura de máis de 20 mil millóns de euros anuais que van pagar zonas como Galiza a conta dos fondos que viña recibindo.
[Podes ler a reportaxe íntegra no número 274 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]