Alertas de tsunami no Pacífico após un terremoto de magnitude 8,8 fronte á península rusa de Kamchatka

Nesta imaxe do Sistema de Alerta de Tsunamis da Administración Nacional Oceánica e Atmosférica (NOAA), móstranse as advertencias de tsunami (en vermello), avisos (en laranxa), vixilancias (en amarelo) e ameazas (en púrpura). (Imaxe: NOAA)
Até o momento, en Xapón emitiuse a orde de evacuación de nivel 4 —que esixe á poboación abandonar zonas perigosas— en polo menos 19 prefecturas. Unha medida que afecta a case dous millóns de persoas.

Un terremoto de magnitude 8,8 na escala de Richter afectou a costa de Kamchatka, no extremo oriental de Rusia, o que provocou alertas de tsunami en diversas zonas do Pacífico. Entre os territorios en risco atópanse a costa rusa do Pacífico, varios estados de Estados Unidos. —incluídos Alaska e Hawai—, así como Guam e Xapón. As autoridades, tanto locais como nacionais, activaron protocolos de emerxencia ante a posíbel chegada de ondas destrutivas.

O gobernador do Krai de Kamchatka, Vladímir Solodov, declarou que "o terremoto de hoxe foi serio e o máis forte en décadas". O Centro de Alerta de Tsunamis de Estados Unidosdixo que fora de 8,8. Solodov pediu á poboación que manteña a calma e que non se achegue ás zonas costeiras en risco, insistindo na importancia de "seguir só a información oficial" para evitar o pánico.

Tamén informou que se ordenou unha inspección minuciosa de infraestruturas crave como escolas, hospitais e garderías, co fin de detectar possíbeis danos

O Servizo Xeolóxico de Estados Unidos (USGS) confirmou que o terremoto ocorreu a unha profundidade de 19,3 quilómetros, situándose aproximadamente a 136 quilómetros de Petropávlovsk-Kamchatski, capital da rexión de Kamchatka. Este sismo xerou un forte movemento que activou alertas de tsunami en varias rexións do Pacífico, tanto en Rusia como en Xapón e Estados Unidos.

Mentres tanto, a Oficina Nacional de Administración Oceánica e Atmosférica (NOAA) estendeu a alerta a partes de Alaska e puxo en vixilancia ao resto da costa oeste de Estados Unidos como California, Oregón ou Washington.

As autoridades xaponesas advertiron sobre a posibilidade dun tsunami de até un metro de altura nas súas costas, e avisaron que "se producirán tsunamis repetidos" nas horas seguintes, polo que pediron expresamente á poboación "non achegarse ao mar nin á costa ata que se levante a alerta".

Até o momento, en Xapón emitiuse a orde de evacuación de nivel 4 —que esixe á poboación abandonar zonas perigosas— en polo menos 19 prefecturas, mentres que en Hokkaido activouse o nivel 5, o máis alto, que indica que xa non é posíbel evacuar con seguridade e débese refuxiarse no lugar máis seguro poíbel para salvar a súa vida.