Un veciño de Arteixo intenta suicidarse dun tiro na cabeza cando ían botalo da súa casa
17 de xullo de 2013 (16:24 h.)
O home, de 62 anos e que habitaba o inmoble en réxime de alugueir, provocouse feridas graves
Un veciño de Arteixo cuxa identidade responde ás iniciais J.M.E. intentou suicidarse por volta do mediodía desta cuarta feira, a piques de ser desafiuzado.
Un axente xudicial presentouse no inmoble en que residía en réxime de aluguer acompañado da familia propietaria para lle notificar que debía abandonalo.
O home, de 62 anos, disparou contra si propio á altura da cabeza, feríndose de gravidade. Foi transladado ao hospital da Coruña nunha ambulancia medicalizada.