O lume aproxímase ao Ézaro e convértese no peor do ano

Foto: @evavazquezlima

Máis de 1.600 hectáreas ardidas deixan o Monte Pindo arrasado. Un dos focos reactivouse e aproxímase á paraxe natural do Ézaro

 

As lapas aproxímanse xa á desembocadura do Xallas no Ézaro situado no Concello de Dumbría. Após arrasar 1.600 hectáreas no Monte Pindo que ficou completamente devastado. O lume leva activo desde a pasada cuarta feira e re-activouse na parroquia do Pindo.

O incendio deixou diversos puntos da localidade sen luz, teléfono e auga corrente que as informacións oficiais atribúen a un corte intencionado para evitar "chispazos" durante os traballos de extinción. Aliás, a estrada comarcal AC-550 fica cortada ao tráfico de maneira intermitente.