Stellantis, adxudicataria no concurso de acceso á rede eléctrica co que o Goberno impulsará investimentos millonarios

Fábrica de Stellantis en Vigo. (Foto: Stellantis Vigo)
Moeve, ACS, Mercedes ou Hydnum Steel, figuran tamén entre as beneficiarias.

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico desenvolveu, de forma provisional, os primeiros concursos de capacidade de acceso a demanda á rede eléctrica, que permitirán impulsar investimentos milmillonarias no sector industrial. Entre a adxudicatarias figura Stellantis para as súas instalacións de Vigo. En concreto, notificouse aos interesados os resultados en cinco nós de catro territorios con solicitudes de acceso de importantes desenvolvementos industriais, segundo informaron a Europa Press fontes ministeriais.

O pasado mes de xullo, o Ministerio convocou estes primeiros concursos de acceso de demanda ás redes eléctricas, que afectaban a oito nós da rede de transporte en Andalucía, Aragón, Castela-A Mancha, Catalunya, Galiza e Euskadi, sobre os que había solicitudes de importantes desenvolvementos industriais, por unha capacidade de acceso total de 3.681 megawatts (MW).

Os concursos afectaban o nó Novo Vigo, na Galiza, con 182 MW de capacidade dispoñíbel; os nós de Cristóbal Colón e de Palos (Huelva), con 276 MW a repartir entre os dous en Andalucía; en Aragón, o nó de Terrer (Zaragoza), con 410 MW; en Castela-A Mancha, o de Brazatortas (Ciudad Real), con 1.217 MW; en Catalunya, o de Francolí (Tarragona), con 216 MW, e os de Arrigorriaga (Biscaia) e Mercedes Benz (Vitoria), con 993 MW e 387 MW, respectivamente, en Euskadi.

Stellantis, entre as iniciativas seleccionadas

En determinados nós da rede de transporte de electricidade, o volume de solicitudes superaba a capacidade de absorción da rede, o que provocou que deban celebrarse concursos para asignar a capacidade ás mellores iniciativas. Con todo, durante a tramitación do concurso produciuse a retirada de varios dos concursantes, de modo que en tres dos nós –Terrer, Arrigorriaga e Mercedes Benz– finalmente non foi necesaria a escolla. Onde si se produciu o concurso finalmente foi nos cinco nós de Cristóbal Colón e Palos, en Huelva, con capacidade combinada; Brazatortas, en Ciudad Real; Francolí, en Tarragona, e Novo Vigo, en Vigo.

En concreto, entre as adxudicatarias no concurso figuran compañías como Stellantis, no nó de Novo Vigo; Moeve e Atlantic Copper, para os de Cristóbal Colón e Palos (Andalucía); Hydnum Steel, no de Brazatortas (Castela-A Mancha); Mercedes e ACS, nos de Vitoria e Arrigorriaga (Euskadi); Messer, no de Francolí (Catalunya), e Next Generation, no de Terrer (Aragón), segundo indicaron a Europa Press fontes do sector.

O proceso de transición ecolóxica está a propiciar unha forte atracción de proxectos que necesitan acceder á rede eléctrica para materializarse, desde novas industrias ou transformación das existentes, até centros de procesamento de datos, pasando por desenvolvementos urbanísticos, crecemento da rede ferroviaria ou electrificación de portos.

Criterios

Nestes concursos aplicáronse como criterios de adxudicación as emisións evitadas de gases de efecto invernadoiro, o volume de investimento e a data de inicio do consumo enerxético.

Así mesmo, os proxectos que reduzan emisións de CO2, como a electrificación de procesos industriais, tiveron preferencia fronte a outros tipos de consumo que tamén solicitasen o acceso. Unha vez superado este primeiro criterio, aplicouse un sistema de puntuación para seleccionar os proxectos que máis investimento requiran e que se vaian a materializar antes.

Tras a notificación aos interesados, o Ministerio publicará no Boletín Oficial do Estado (BOE) a resolución do concurso e os adxudicatarios reactivarán os seus correspondentes procedementos de solicitude dos permisos de acceso e conexión #ante o xestor da rede.

A capacidade dos nós non outorgada nos concursos liberarase para que poida volver ser outorgada, de acordo con os criterios xerais de outorgamento previstos no RD 1183/20.