Os salóns de peiteado piden votar a quen apoie a redución do IVE

Profesionais da estética na manifestación na cidade olívica. (Foto: Nós Diario)
O colectivo manifestouse polas rúas de Vigo.

Ducias de profesionais de salóns de peiteado, salóns de estética e barbarías de Vigo protestaron esta segunda feira na cidade olívica para pedir que o Goberno español efectúe a redución do imposto sobre o valor engadido (IVE) do sector ao considerarse "servizo esencial".

Vestidos de negro para visibilizar o que consideran "escuro presente e futuro que lles espera", o persoal partiu desde praza de España até o Concello. Lembran que a medida que piden “xa foi aprobada polo Congreso e o Senado hai máis de 10 anos”, mais finalmente foi vetada polo Executivo.

Por iso, durante a protesta lanzaron proclamas como 'Agora votamos nós', 'Non máis vetos, si máis votos', 'O IVE xeral, era temporal' ou 'O Goberno vétanos, nós votamos'. 

Nun comunicado, as plataformas 'Crer en Nós' e 'Alianza Empresarial pola baixada do IVE' á imaxe persoal reivindicou o voto destes profesionais nas próximas eleccións cara partidos que apoian a restitución do IVE reducido.

Ademais, a través das redes sociais, pediron “o compromiso de demostrar que se atopa máis unido que nunca, con máis ganas de loitar".