A patronal acepta a mediación no conflito laboral no transporte de viaxeiros
22 de xaneiro de 2026 (13:50 h.)
A patronal e os sindicatos reuniranse a vindeira segunda feira. Mantense a folga desta sexta feira.
A patronal aceptou finalmente a última hora da mañá desta quinta feira a solicitude de mediación cursada polas centrais sindicais a pasada sexta feira no AGA —acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de traballo— e, a próxima segunda feira 26 de novembro, ambas as partes sentaranse a negociar. Mantense, porén, a convocatoria de paro para esta sexta feira, 23 de xaneiro.
[EN AMPLIACIÓN]