O IPC mantense en febreiro na Galiza en 2,7% após subir 2 décimas

O Índice de Prezos do Consumo (IPC) experimentou unha suba de 2 d´cimenas en febreiro. (Foto: Europa Press)

A taxa interanual máis elevada anótaa a Vivenda, que subiu 9,7%.

O Índice de Prezos de Consumo (IPC) subiu en febreiro na Galiza 0,2% en relación co mes anterior, mais mantivo a súa taxa interanual en 2,7%, tres décimas por baixo do dato do conxunto estatal, segundo a información que publica esta sexta feiras polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Na Galiza, a taxa interanual máis elevada anótaa a Vivenda, que subiu 9,7% nos últimos 12 meses, mentres que o prezo do Lecer e a Cultura mantívose estábel.

A nivel estatal, o IPC incrementouse 0,4% en febreiro en relación ao mes anterior e elevou unha décima a súa taxa interanual, até 3%, o seu valor máis alto desde o pasado mes de xuño, cando se situou en 3,4%.

 

[En ampliación]