A factura do ano máis seco da historia na Galiza
A seca que abafa Galiza desde hai meses, e que as recentes choivas apenas palían, acendeu xa hai tempo o sinal de alerta. A seca ten graves consecuencias económicas cuxos efectos van alén dos sectores primarios e evidencia até que punto a xestión da auga non se tivo en conta no desenvolvemento do país. Eis un avanzo do publicado no número 271 de Sermos Galiza.
Mentres, Galiza sofre neste 2017 o ano máis seco da súa historia, que se vén sumar a un 2016 e 2015 tamén marcados pola ausencia de chuvias. No que vai de ano choveu a metade do que sería normal. Temos 7 dos 19 sistemas da demarcación Galiza Costa en alerta por seca e os 12 restantes en prealerta. Os encoros do país apenas chegan a 44% de capacidade, 13 puntos por baixo da media. “Hai alguén tan parvo como para pensar que isto non vai pasar factura na economía?”, pregúntase o enxeñeiro Carlos Dafonte.
[Podes ler a reportaxe íntegra no número 271 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]