Estes son os domingos e festivos nos que poderán abrir os estabelecementos comerciais en 2026

Centro Comercias As Cancelas, en Compostela. (As Cancelas)
A orde está asinada polo conselleiro de Emprego, José González.

O Diario Oficial da Galiza (DOG) publica este cuarta feira a orde pola que se estabelecen os domingos e festivos en que se autoriza a apertura de estabelecementos comerciais durante o ano 2026. En concreto, son o 4 e o 11 de xaneiro, o 2 de abril, o 26 de xullo, o 15 de agosto, o 29 de novembro, e o 6, o 13, o 20 e o 27 de decembro.

A orde está asinada polo conselleiro de Emprego, José González, e ditouse despois de consultar aos axentes socioeconómicos determinados por lei, tendo en conta o interese xeral do comercio e das persoas usuarias. Os mencionados días terán a condición de hábiles durante o ano 2026.