Os Estados Unidos elevan os aranceis á China a 145%

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, o 2 de abril de 2025, e o seu homólogo chinés, Xi Jinping, o 28 de marzo de 2025. (Foto: Jim LoScalzo - Pool vía CNP / Zuma Press / ContactoPhoto / Johannes Neudecker / DPA vía Europa Press)
Esta cifra inclúe os gravames que os EUA relacionan co fentanilo, de 20%, e a taxa de aranceis recíprocos, que foi elevada a 125% desde a taxa de 84% anterior.

Persoal funcionario da Casa Branca informou esta quinta feira á CNBC de que o valor total dos aranceis impostos á China aumentarán a 145%. Esta cifra inclúe os gravames que os EUA relacionan co fentanilo, de 20%, e a taxa de aranceis recíprocos, que foi elevada a 125% desde a taxa de 84% anterior.

Como resultado, as tensións económicas entre os Estados Unidos e a China estanse profundando, nunha espiral sen fin iniciada polos EUA que podería ter efectos na economía global. Actualmente, a China segue é un socio comercial moi importante para os EUA, e as tensión comerciais poderían ter efectos derivados nas vendas e compras doutros estados.

Aclaración do alcance

O presidente estadounidense xa elevara a cuarta feira a 125% os gravames a Beijing despois de que respondese os aranceis de Washington subindo a 84% as súas tarifas sobre as mercadorías estadounidenses. Agora, a Administración dos EUA acalara que a estes aranceis hai engadirlle o 20% que relacionan co fentanilo.

"Baseándome na falta de respecto que a China mostrou aos mercados mundiais, pola presente elevo o arancel cobrado á China polos Estados Unidos de América a 125% con efecto inmediato. Nalgún momento, esperemos que nun futuro próximo, a China darase conta de que os días para estafar aos EUA e a outros países xa non son sostíbeis ou aceptábeis", afirmou Trump a cuarta feira.

Por outra banda, Trump tamén aumentou o arancel sobre artigos cun valor inferior aos 800 dólares a 120% desde o 90% previo. Tamén se incrementará o custo "por artigo postal" deses bens a 100 dólares a partir do 2 de maio e a 200 dólares o 1 de xuño.