Diéter Moure demite da presidencia da CEG após 10 meses no cargo

Diéter Mouro

Alega motivos persoais.

Antonio Diéter Moure sabía, desde un primeiro momento, que non ía ter un camiño de rosas na presidencia da Confederación de empresarios de Galiza (CEG). A súa vitoria clara mais axustada perante Pérez Canal (102 fronte 92) e a crise económica que sumía a patronal aventuraban unha travesía complicada. Diéter Mouro alega motivos persoais para esta decisión, indicando que a CEG requite unha adicación de “24 horas ao día, sete días á semana” que el se vía quen de asumir nestes momentos.Moure xa amagara con deixar o cargo durante dúas ocasións nestes meses.

Porén, hai fontes que apontan a que este paso está motivado pola perda de apoios internos do até agora presidente da patronal galega. Será a Xunta Directa, composta polos catro vicepresidentes, quen tome agora as rendas da CEG até a escolla nun novo presidente.